Javi Ruibal Trío
No Roi Xordo estamos que non paramos!!! 𝗝𝗔𝗭𝗭 de alto nivel para o próximo sábado.
Javi Ruibal é un dos instrumentistas e compositores máis prometedores do panorama jazzístico español. Na súa xira de 2022 presenta, xunto con Ale Benítez e Manu Sánchez, as súas composicións máis recentes “Liziqi” e “Mrs. Outono”. Un trío cun son propio que explora o noso planeta e a súa enorme riqueza musical.
Formación:
○ Javi Ruibal: Batería
○ Ale Benítez: Baixo
○ Manu Sánchez: Piano