Claudia Abril Trío

Claudia Abril Trío

Claudia Abril trío

Claudia Abril Inicia os seus estudos musicais de violín folk, canto e pandeireta na E-Trad en Vigo e con Paco Charlín no “Seminario Permanente de Jazz”, así como a diversos cursos e masterclass de recoñecidas artistas do panorama folk e música tradicional coma Alasdair Fraser, Darol Anger ou Laura Cortese.

No ano 2019 foi invitada por Alasdair Fraser a participar como mestra de canto no seu fiddle camp na Illa de Skye, Escocia. Foi cofundadora e vocalista do grupo folk DADGA, co que participa no NAFCo 2018 en Aberdeen, presentando o seu primeiro traballo discográfico. Ten colaborado como cantante nas xiras internacionais de China, Costa Rica e México do violinista Alfonso Franco. Como voz solista da “Galicia Fiddle Orquestra” actuou en numerosos concertos e festivais, participando na gravación dos álbumes “ACorle” e “Acanteira”. Recentemente ten participado en distintos eventos coma o Encordass Fest, cantando a dúo coa cellista catalana Marta Roma, ou na gravación do vindeiro disco do harmonicista internacional Marcos Coll.

No seu último proxecto, en formación de trío incorpora a Marina Carpente (violín) e Antón Lago (guitarra) como integrantes dun proxecto musical que mestura músicas de raíz ibérica con influencias doutros xéneros, aportándolle ás melodías un aire fresco e adaptándoas a sonoridades actuais.

Data

Mai 28 2022
Caducado!

Lugar

Roi Xordo
Praza dos Mesons, s/n 32660 Allariz
Categoría

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará